Publicacións
DIA DAS BIBLIOTECAS 2025
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
O venres 24 de outubro, tivemos dobre celebración “Día das Bibliotecas” e 8º aniversario da nosa. Entregouse o carné ao novo alumnado do centro e gozamos o día, neste punto de encontro da nosa inmensa curiosidade e creatividade co coñecemento e a aprendizaxe, participando nas actividades e talleres programados. Cada ciclo puido atoparse coas historias, aventuras e emocións que hai nos libros cheos de páxinas con poder para transportarche, sen moverche do sitio, permitíndoche vivir centos de vidas, rir, chorar e emocionarche. Recreamos as portadas dos nosos favoritos chegando a formar un bosque lector. Lembra “Abre un libro, conecta a túa mente e medra!”
Revista Sempre Nós (Todas as publicacións)
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Número 2 da nosa revista "Sempre Nós" xa dispoñible.
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Xa está aquí o novo número da nosa revista Sempre Nós ! Nesta edición atoparás artigos, creacións literarias e moito máis, elaborados co entusiasmo e o talento do noso cole. Un espazo feito por e para a comunidade educativa, onde a voz de todas e todos cobra vida. Non perdas esta nova entrega! Podes descargar a revista en pdf premendo na imaxe:
Recuncho “Linguaxe poética”
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A sección da linguaxe poética é un espazo moi especial, onde os nenos e nenas poden aprenden a usar rimas, metáforas e figuras literarias de maneira sinxela e divertida. A idea é que descubran a poesía como unha ferramenta de expresión de emocións, creatividade e vocabulario, ao xogar co ritmo e o son das palabras. Neste curso, as coplas foron inspiradoras e protagonistas para celebrar o día da poesía e dos bosques. Cos seus versos curtos e pegañentos, son unha forma alegre de aprender a contar historias ou expresar sentimentos de maneira doada e rítmica. Ademais, axúdannos a atoparnos coa poesía popular oral da nosa lingua, homenaxeada o día das letras galegas nas figuras femininas das “Cantareiras”.
“Dado Test – Lanzando preguntas”
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Na biblioteca, realizamos esta divertida actividade anual para compartir cos compañeiros os libros que lemos, No seu desenvolvemento utilizamos un dado cunha pregunta en cada unha das súas caras. A dinámica da actividade consiste, en que cada neno/a presenta as/os compañeiras/os o libro que leu e lanza o dado. Cando o dado cae ao chan, mostra a pregunta correspondente a esa cara (“Gustoume cando…”,“Como rematou a historia?”, “Os personaxes do libro son…”, “O libro tratouse de…”, “Non me gustou cando…”, Do final cambiaría…”). A/O alumna/o responde en voz alta na lingua que estivo lendo, iniciando así, unha rolda de preguntas das/dos súas/seus compañeiras/os, na mesma lingua, sobre a historia que leu. Esta actividade axudounos a practicar a lectura, a expresión oral (galego ou castelá), escoitar ás/ós nosas/os compañeiras/os e descubrir novas aventuras nos libros que outros leron. É unha experiencia moi enriquecedora e motívanos a seguir lendo máis libros!
As verbas da semana
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
O alumnado de 2º de E. Primaria, colaboramos en Dinamización lingüística dá lingua Galega desenvolvendo a actividade anual “As verbas dá semana”. Cada día dá semana, eliximos unha palabra especial, relacionada co contido que esteamos a traballar, aprendemos ou seu significado, como se escribe e como usala nunha oración. O dicionario é o noso mellor aliado. Con él, traballamos a orde alfabética, o tipo de palabra que é (análise morfolóxica) e a ortografía. O remate é moi divertido, plasmamos o resultado dá nosa pequena pescuda nun globo de diálogo e expoñémolo no recuncho asignado de Dinamización Lingüística. Deste xeito, compartímolo con todos os compañeiros do centro. É unha forma xenial de facer medrar ou noso vocabulario e mellorar a forma de expresarnos.