“Dado Test – Lanzando preguntas”
Na biblioteca, realizamos esta divertida actividade anual para compartir cos compañeiros os libros que lemos, No seu desenvolvemento utilizamos un dado cunha pregunta en cada unha das súas caras.
A dinámica da actividade consiste, en que cada neno/a presenta as/os compañeiras/os o libro que leu e lanza o dado. Cando o dado cae ao chan, mostra a pregunta correspondente a esa cara (“Gustoume cando…”,“Como rematou a historia?”, “Os personaxes do libro son…”, “O libro tratouse de…”, “Non me gustou cando…”, Do final cambiaría…”). A/O alumna/o responde en voz alta na lingua que estivo lendo, iniciando así, unha rolda de preguntas das/dos súas/seus compañeiras/os, na mesma lingua, sobre a historia que leu.
Esta actividade axudounos a practicar a lectura, a expresión oral (galego ou castelá), escoitar ás/ós nosas/os compañeiras/os e descubrir novas aventuras nos libros que outros leron. É unha experiencia moi enriquecedora e motívanos a seguir lendo máis libros!
Comentarios
Publicar un comentario