PROXECTO INTERCENTROS - TES UNHA CARTA
No noso centro puxemos en marcha o proxecto intercentros “ Tes unha carta ”, unha enriquecedora experiencia de intercambio de correspondencia entre o noso alumnado de 2° ciclo de E. P . e o de CEP Plurilingüe de Riomaior (Vilaboa), co obxectivo de favorecer a comunicación escrita, o coñecemento do contorno próximo e o respecto polas tradicións culturais . O alumnado compartiu como se celebran datas sinaladas nas súas respectivas localidades, promovendo unha aprendizaxe significativa baseada na experiencia e na identidade cultural. Neste curso foi a temática do Entroido , unha festividade fondamente arraigada en ámbalas zonas de Galicia, aínda que con manifestacións propias e singulares. Dende o primeiro momento, o entusiasmo foi protagonista, o alumnado elaborou con ilusión unha carta dirixida aos compañeiros e compañeiras doutro centro, explicando cómo se celebra o Entroido na súa localidade (disfraces típicos, desfiles, actividades do cen...