Recuncho “Linguaxe poética”
A sección da linguaxe poética é un espazo moi especial, onde os nenos e nenas poden aprenden a usar rimas, metáforas e figuras literarias de maneira sinxela e divertida. A idea é que descubran a poesía como unha ferramenta de expresión de emocións, creatividade e vocabulario, ao xogar co ritmo e o son das palabras.
Neste curso, as coplas foron inspiradoras e protagonistas para celebrar o día da poesía e dos bosques. Cos seus versos curtos e pegañentos, son unha forma alegre de aprender a contar historias ou expresar sentimentos de maneira doada e rítmica. Ademais, axúdannos a atoparnos coa poesía popular oral da nosa lingua, homenaxeada o día das letras galegas nas figuras femininas das “Cantareiras”.
Comentarios
Publicar un comentario