Revista SEMPRE NÓS - Colaboradores

 

Dedicamos esta entrada aos alumnos de 6º que foron colaboradores da nosa revista escolar e que, tras este curso, pechan unha etapa chea de aprendizaxes, experiencias e momentos acompañados.

Soubestes achegar a vosa voz, ideas e xeito único de ver o mundo, enriquecendo a nosa publicación e deixando unha pegada moi valiosa en toda a comunidade educativa. Grazas pola vosa implicación, creatividade e entusiasmo, pois foron esenciais para construír esta revista chea de ilusión e aprendizaxe compartida.

Agora chega o momento de pechar esta etapa e emprender novos camiños. Sabemos que vos levades moito máis que coñecementos: van convosco recordos, amizades e experiencias que vos acompañarán sempre. Despedímosvos con cariño e orgullo, desexándovos o mellor. Seguide soñando, creando e expresándovos coa mesma paixón que demostrastes ata o de agora.

Que nunca vos falten soños que escribir nin metas que alcanzar!.

  



Comentarios

Publicacións populares deste blog

As verbas da semana

Número 2 da nosa revista "Sempre Nós" xa dispoñible.