ESPAZO MILLOTE
ESPAZO MILLOTE
Formando parte da nosa biblioteca
escolar extensiva, o espazo Millote, creado neste curso, tras establecer as
súas normas, cumpriu satisfactoriamente a súa primeira misión, ser unha zona
aberta, dinámica, con doado acceso e visibilidade a recursos de lectura,
información e aparendizaje da nosa lingua e cultura.
Ao longo do curso o alumnado consultou
diversos tipos de publicacións e recursos de forma máis accesible, amena e
participativa, que lles permitiu valorar a riqueza da nosa lingua e patrimonio
cultural, espertando a súa curiosidade e fortalecendo o seu vínculo con él
dende idades temperás.
E
que mellor remate que deixarvos cunha primicia, o vindeiro ano, os distintos
tipos de publicacións e xogos deixarán de esperar os seus lectores e usuarios,
porque o espazo Millote ponse en movemento, poderémolo atopar en calquera recuncho, aulas, corredores, relanzos, patio, … sempre ao alcance de todos, para formar parte da vida cotiá do alumnado, porque ler é unha aventura que pode comezar en calquera lugar.
Comentarios
Publicar un comentario