ESPAZO MILLOTE - O PAPAGAIO
No espazo millote temos dúas publicacións salientables, unha é a nosa
propia revista “Sempre Nós” moi consultada por verse o alumnado reflectido nos
seus traballos e a outra O Papagaio, é a estrela por achegar a nosa lingua e
patrimonio cultural nun formato máis atractivo, visual e dinámico para eles/as,
o cal é clave para fomentar a linguaxe falada e o hábito da lectura.
Dispoñer desta publicación como material inventariable de uso e consulta
pero non prestable, favorece unha lectura máis libre e motivadora,
especialmente naqueles nenos e nenas que aínda non senten atraídos polos libros
tradicionais, as súas distintas seccións (reportaxes, experimentos, contos…)
manteñen a súa utilidade máis aló do momento de publicación, o que xustifica a
súa conservación e sen dúbida potencia a súa función pedagóxica, pois este tipo
de publicacións, son firmes aliadas para;
Ø a animación á lectura;
ü
polo
seu continido actual e proximidade que concecta cos intereses do alumnado
ü
polos
seus textos breves e variados adaptados a distintos niveis.
Ø o desenvolvemento da competencia
lingüística
ü identificación de distintos xéneros
(entrevistas, novas, contos,…)
ü contidos transversais que abarcan
curiosidades, literatura, medio ambiente, ciencia,..
Ø o traballo cooperativo
ü procura de información en grupo
ü debates o faladoiros sobre temas de
interese.
Ø a creatividade e investigación
ü
creación
de murais e traballos baseados en contidos da revista.
ü
producción
de textos inspirados nas seccions da revista.
Aínda que o
mellor, é que cada alumna ou alumno atopa as súas seccións favoritas que por
suposto quere comentar, xerando así grupos de faladoiros, de menor ou maior tamaño, e automáticamente sen
darse conta, grazas á lectura e ás conversas, seguen medrando xuntos tamén na
nosa lingua.
Como mostra diso, compartimos estes momentos de traballo realizado en Samaín polo alumnado de 1º de primaria e momentos das sesións de lectura de 2º primaria.
Comentarios
Publicar un comentario