TRADICIÓNS - AS REGUEIFAS

 

COIDADO! CHEGAN AS/OS REGUEIFEIRAS/OS DE 4º  E.P.

Coma ben é coñecido, as regueifas son unha tradición oral moi característica de Galicia. Consisten nun tipo de improvisación cantada na que, dúas ou máis persoas, rétanse con versos, normalmente con ton humorístico, irónico ou crítico. Antigamente, as regueifas eran comúns en celebracións populares, especialmente en vodas, festas de aldea e reunións veciñais.

Os nosos cantadores de 4º E. P. non precisan de celebración algunha para activar esta tradición tan importante do noso patrimonio cultural. O alumnado deste curso participa con entusiasmo nesta actividade que combina creatividade, axilidade mental, folclore e traballo en equipo. Fortalecendo non só a identidade cultural e o vínculo coa comunidade, senón tamén a expresión artística e o goce dos costumes locais. 

Abride o enlace!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

RECUNCHO “SABÍAS…”