PESCUDANDO
“MUSEO
ESPACIAL”
O
alumnado de 5º de Primaria rematou o seu propio Museo Espacial como produto
final á súa investigación sobre o universo. Pescudaron en temas como os
planetas do sistema solar, as estrelas, as galaxias, os/as astronautas...,
utilizando libros, recursos dixitais e traballo en equipo, para seleccionar a
información máis relevante e transformárona en maquetas, paneis informativos,
murais, presentacións, informacións sobre traballos STEAM e pequenos xogos
temáticos para que o resto do colexio poida visitalo. Demostraron non só os
seus coñecementos científicos, senón tamén habilidades de comunicación,
colaboración e creatividade.
Comentarios
Publicar un comentario