PESCUDANDO - VIDA SAUDÁBEL
“A VIDA
SAUDÁBEL”
O alumnado de 4° de E.P., preséntanos un novo e interesante proxecto sobre
a importancia de manter hábitos de vida saudábel e o papel que xogan os
alimentos na nosa saúde.
Ao longo de varias semanas, pescudaron de onde proveñen os alimentos que
consumimos a diario, aprendendo a diferenciar os distintos produtos segundo a
súa orixe. Reflexionaron sobre a importancia dunha alimentación equilibrada, atopando
que alimentos son máis beneficiosos para o seu crecemento e benestar. Ademais,
analizaron a relevancia do exercicio físico, o descanso adecuado e a
hidratación como piares fundamentais dunha vida saudábel. Como resultado final,
elaboraron os seus traballos, fixeron as presentacións orais aos seus
compañeiros e compartiron a aprendizaxe cunha exposición dos mesmos, accesible
ao resto do alumnado do centro.
Este proxecto non só fomentou o traballo en equipo e a curiosidade, senón
que tamén contribuíu a que tomen conciencia da importancia de coidar a súa
saúde dende idades temperás.
Comentarios
Publicar un comentario