EFEMÉRIDES

 


      ROSALÍA DE CASTRO      23/02/1837                                               

 Un ano máis festexamos o nacemento de Rosalía de Castro, a autora máis importante da nosa cultura. Coas súas obras contribuíu ao renacer da lingua galega no século XIX, devolvéndolle o seu carácter de lingua culta, nun movemento coñecido como o Rexurdimento. Defendeu cos seus versos a identidade, a lingua e os sentimentos do pobo galego, ademais de denunciar a pobreza, a emigración forzada e revindicar a independencia e liberdade das mulleres.

Seguro que sabedes que “Cantares Gallegos”, a súa obra máis destacada, publicouse o 17 de maio de 1863 en Vigo, pola imprenta Juan Compañel, motivo polo que esa data foi elixida para a celebración do Día das Letras Galegas. Pero o seu valor non queda no ámbito nacional, unha das evidencias de que o seu recoñecemento vai máis aló das nosas fronteiras, foi a homenaxe que no ano 2017 rendeulle a areolínea Norwegian Air, ao decorar co seu retrato a cola duns dos seus avións Boeing 737-800.


                                                                        

Este ano, o noso alumnado realizou actividades adaptadas á súa etapa e curso, como biografías ilustradas, lecturas compartidas de poemas, talleres creativos, pequenos cadernos de pasatempos sobre a súa vida e obra, recital de poemas, gozou da emoción e a forza de cancións coa letra dos seus poemas de forma diferente, como a de “Adeus ríos, adeus fontes” do grupo Astarot, Tampouco faltou a alegría do grupo Migallas co Moucho, coa que cantaron e participaron con entusiasmo. E por suposto, no menú do comedor, non podía faltar un dos pratos emblemáticos de Rosalía, “Caldo dá Gloria”.






                                                 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RECUNCHO “SABÍAS…”