AS VERBAS DA SEMANA

 

AS VERBAS DA SEMANA

O alumnado de 2° de E.P. segue coas súas entregas do proxecto “As verbas da semana” enriquecendo o vocabulario, da súa contorna máis inmediata, na nosa lingua.

Con moita ilusión, cada grupo presentou a súa palabra elixida, buscando unha imaxe, explicando o seu significado e utilizándoa en frases creativas. Descubriron termos novos, curiosos e divertidos que poden empregar na súa vida cotiá e espertaron o a curiosidade por seguir aprendendo.

Sen dúbida, este proxecto segue sendo unha excelente oportunidade para fomentar a expresión oral, a imaxinación e o amor pola nosa lingua.

Nesta ocasión divertímonos aprendendo verbas como:

Porta, cadro, roupeiro, mesiña de noite e leito.






Comentarios

Publicacións populares deste blog

As verbas da semana

Número 2 da nosa revista "Sempre Nós" xa dispoñible.