EFEMÉRIDES
ROSALÍA DE CASTRO 23/02/1837 U n ano máis festexamos o nacemento de Rosalía de Castro, a autora máis importante da nosa cultura. Coas súas obras contribuíu ao renacer da lingua galega no século XIX, devolvéndolle o seu carácter de lingua culta, nun movemento coñecido como o Rexurdimento. Defendeu cos seus versos a identidade, a lingua e os sentimentos do pobo galego, ademais de denunciar a pobreza, a emigración forzada e revindicar a independencia e liberdade das mulleres . Seguro que sabedes que “ Cantares Gallegos” , a súa obra máis destacada, publicouse o 1...