LENDO CO MILLOTE
“NORMAS”
Estreamos
un novo espazo de Dinamización da Lingua Galega no cole! É un lugar moi
especial, cheo de libros divertidos, revistas interesantes e xogos para
aprender xogando coas verbas. Aquí podemos ler, imaxinar, descubrir historias e
pasalo xenial mentres aprendemos. Pero coidado! ,Millote, a nosa simpática
mascota gardiá, sempre está moi atenta, cos seus olliños curiosos, lémbranos
que debemos coidar o material, respectar as normas e deixar todo ordenado para
que todos podamos gozar. Se seguimos as súas regras, Millote manteranos ao día
coas súas novidades!
Comentarios
Publicar un comentario