Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2026

As verbas da semana

Imaxe
  Co obxectivo de ampliar o vocabulario na nosa lingua e enriquecer a forma de expresarnos, naceu o recuncho das verbas da semana. Comezamos por aquelas que están na nosa contorna máis próxima e cuxo uso é diario. Pronuncialas, escribilas correctamente, saber o seu significado, visualizar a imaxe e usalas en oracións fortalece a nosa habilidade lingüística. A semana do 19 ao 23, divertímonos aprendendo verbas como: Mestra, xanela, cadeira, lapis e escola Manterémosvos informados    

LENDO CO MILLOTE

Imaxe
    “NORMAS ” Estreamos un novo espazo de Dinamización da Lingua Galega no cole! É un lugar moi especial, cheo de libros divertidos, revistas interesantes e xogos para aprender xogando coas verbas. Aquí podemos ler, imaxinar, descubrir historias e pasalo xenial mentres aprendemos. Pero coidado! ,Millote, a nosa simpática mascota gardiá, sempre está moi atenta, cos seus olliños curiosos, lémbranos que debemos coidar o material, respectar as normas e deixar todo ordenado para que todos podamos gozar. Se seguimos as súas regras, Millote manteranos ao día coas súas novidades!