Como foi a nosa festa de samaín

O pasado xoves 30 de outubro, festexamos o Samaín. Un día especial no que, as nenas e nenos mostran aos compañeiros os seus coloridos disfraces de personaxes divertidos e misteriosos como bruxas, esqueletos, vampiros, zombis, pantasmas ou superheroes, gozando así, dunha festa chea de música, baile, cor e diversión.  

Na súa preparación colaborou toda a comunidade educativa. O alumnado preparou diferentes actividades creativas, guiado polos mestres de Arts, para decorar as zonas comúns do centro e as aulas. Os corredores transformáronse en escenarios terroríficamente decorados, con teas de araña, pantasmas e morcegos, que creaban un ambiente misterioso e divertido. O broche final, puxérono os nosos compañeiros do terceiro ciclo, convertendo a biblioteca nun verdadeiro “Túnel do Terror” onde a diversión comezaba ao rematar a luz!  

As familias colaboraron co alumnado participando no concurso de cabazas. Mostraron un alto nivel de imaxinación e esforzo. Hóuboas riseiras, terroríficas, creativas, con luces e accesorios sorprendentes. O xurado tivo unha tarefa difícil para elixir as gañadoras, que formaron parte da exposición no mercado do Calvario. Ademais, o propio día, a merenda das súas fillas e fillos, foi realmente terrorífica, pantasmas, monstros, … moitas sorpresas doces!  

Unha xornada cun ambiente festivo, alegre e cheo de compañeirismo 

Especial mención queremos facer ao traballo realizado polos alumnos de 1º de primaria como preparación desta festa, pois no seu tempo de lectura, tomando como fonte de investigación a revista Papagaio, descubriron os seres misteriosos da nosa tradición, como a bruxa Chuchona, o monstro da coca, avelaíña, … plasmando as súas aprendizaxes nun mural coa súa particular visión dos “Seres de aquí e acolá”.

 C:\Users\Usuario\Downloads\IMG_20251102_210035.jpg

E por suposto, salientar o esforzó e imaxinación, dos alumnos de 2º e 3º ciclo de primaria, coa súa participación no concurso de relatos terroríficos, aquí temos os máis creativos, feitos en galego, segundo as votacións feitas. Unha experiencia escrita educativa, na que contar historias resultou moi divertido.  




Ademáis engadimos esta achega do grupo de E. Infantil




Comentarios

Publicacións populares deste blog

RECUNCHO “SABÍAS…”