Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2025

Como foi a nosa festa de samaín

Imaxe
O pasado xoves 30 de outubro , festexamos o Samaín . Un día especial no que, as nenas e nenos mostran aos compañeiros os seus coloridos disfraces de personaxes divertidos e misteriosos como bruxas , esqueletos, vampiros, zombis, pantasmas ou superheroes , gozando así, dunha festa chea de música, baile, cor e diversión.    Na súa preparación colaborou toda a comunidade educativa. O alumnado preparou diferentes actividades creativas, guiado polos mestres de Arts , para decorar as zonas comúns do centro e as aulas. Os corredores transformáronse en escenarios terroríficamente decorados, con teas de araña, pantasmas e morcegos , que creaban un ambiente misterioso e divertido. O broche final, puxérono os nosos compañeiros do terceiro ciclo, convertendo a biblioteca nun verdadeiro “Túnel do Terror” onde a diversión comezaba ao rematar a luz!     As familias colaboraron co alumnado participando no concurso de cabazas . Mostraron un alto ...