RECUNCHO “SABÍAS…”

 

Como seres curiosos, sempre nos facemos preguntas sobre todo o que nos rodea, ampliando así, aos poucos sen darnos conta, a nosa cultura. Isto animounos a crear, en cursos anteriores, un recuncho de curiosidades, para poder compartir as respostas que imos descubrindo. Así comezou o noso xa consolidado, recuncho “SABÍAS…”. Está aberto á participación de todo o alumnado de primaria, cumprindo como único requisito o emprego da nosa lingua galega.

Este ano, os compañeiros de 2º e 3º E.P. xa contestaron a:

• Por que cambia a hora no mes de outubro?

• Por que celebramos o magosto?

• Cómo son as serpes?

• Cómo son as arañas?

• A importancia das abellas para a vida humana?

 

 Animarvos a participar!





Comentarios

  1. Iniciativa xenial, para os alumnos e para o noso idioma, tan importante na nosa cultura 😍

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

AGARIMOS DA TÚA LINGUA