AGARIMOS DA TÚA LINGUA
Aquí comeza o blog de dinamización dá lingua galega do colexio Atalaia Cantabria para coñecer a riqueza da nosa lingua. A nosa comunidade educativa promove e valora positivamente o uso do galego en tódolos os ámbitos da actividade do centro, desenvolvendo e contextualizando o proceso de ensino-aprendizaxe da lingua galega, en función das características do noso alumnado. O obxectivo principal é o seu progreso nas catro habilidades básicas e instrumentais da lingua: escoitar, falar, ler e escribir, coa finalidade de espertar o seu interese pola nosa cultura, empregando o traballo cooperativo do alumnado a través do diálogo e as novas tecnoloxías, para facilitar a integración de todos aqueles que non coñecen a lingua galega.